Inspeccionan locais de lecer en Poio e Cotobade nun operativo para erradicar o consumo e venda de droga
Por Redacción
Poio e Cotobade foron dous dos concellos nos que axentes da Garda Civil despregaron un dispositivo de control e inspección de distintos establecementos e locais de lecer, fundamentalmente bares e cafeterías. A operación, realizada esta pasada madrugada, estendeuse tamén a establecementos dos municipios de Moaña e Cangas.
Estas inspeccións forman parte das actuacións que está levado a cabo a Garda Civil para erradicar a venda e consumo de substancias estupefacientes nos locais de lecer.
No operativo participaron efectivos dos postos da Garda Civil de Pontevedra, Cangas, Moaña e a unidade canina do Servizo Cinológico. Segundo informa o Instituto Armado, inspeccionáronse un total de cinco establecementos, formuláronse 45 denuncias e se incautaron pequenas cantidades de distintos estupefacientes, principalmente haxix, cocaína e marihuana.
Das 45 denuncias formuladas, 25 foron por tenencia de estupefacientes e 20 por outras tantas irregularidades administrativas relacionadas coa xestión e a actividade dos locais como venda de tabaco, follas de reclamaciones ou licenza de apertura.
Nun dos establecementos inspeccionados en Moaña denunciouse ademais ao propietario do bar por permitir o consumo de drogas no interior do establecemento.