Preto de 1.000 empresas optan ao plan de práctica laboral da Deputación
Por Redacción
Preto de 1.000 empresas optan a ser beneficiarias do segundo Plan de Práctica Laboral que a Deputación de Pontevedra ten en marcha e no que acaba de publicarse o listado de solicitantes admitidos e excluídos, co obxectivo de que as 189 empresas excluídas poidan corrixir posibles erros ou achegar a documentación que corresponda.
De feito, na maioría dos casos, a exclusión está motivada porque a empresas non fai entrega de toda a documentación requirida ou por non especificar a titulación do bolseiro que solicitan ou por non achegar o plan de práctica que desenvolvería o bolseiro, entre outras cuestións.
Por tal motivo, as empresas excluídas terán ata o 6 de xuño para corrixir os posibles defectos e poder ser admitidas.
500 EMPRESAS NO GRUPO 1
Cómpre destacar que mais da metade das solicitudes para este novo Plan de Práctica Laboral da Deputación corresponde a empresas que non se beneficiaron da primeira fase do mesmo e que, polo tanto, terán preferencia á hora de recibir bolseiros nesta ocasión.
Así, son preto de 650 as empresas incluídas neste Grupo 1, das cales 161 figuran na lista provisional como excluídas e, en consecuencia, poderán agora presentar a documentación necesaria para poder entrar no plan.
O segundo grupo máis numeroso é o de empresas que están beneficiándose nestes momentos do I Plan de Práctica Laboral na empresa privada e que contan cunha valoración positiva na execución das prácticas. Este grupo, de preto de 200 compañías, será o segundo en orde de preferencia á hora de recibir bolseiros.
Os grupos 3 e 4, correspondentes a cámaras, federacións e confederacións, confrarías, asociacións e outras entidades só recibirán titulados no marco deste plan no caso de que non se cubran todas as prazas cos primeiros dous grupos.
CONVOCATORIA TITULACIÿNS
Unha vez estudadas as propostas realizadas polas empresas e pechado o prazo de corrección de erros, os técnicos da Deputación iniciarán o proceso de definición das titulacións que se reclaman e o perfil dos bolseiros que as empresas solicitan, para a partir de aí sacar a convocatoria das bolsas por titulacións, algo que está previsto que se realice no mes de xullo.
Inicialmente, a Administración provincial convocará entre 400 e 500 bolsas de un ano de duración, pero non se descarta a posibilidade de incrementar este número en función da calidade dos proxectos presentados polas empresas e da demanda de bolsas que realicen os titulados
Relacionadas:
-
400 empresas daranse cita na Deputación para contratar o seu bolseiro
Por Redacción |
-
Os bolseiros axudan a mellorar as convocatorias de prácticas laborais da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Ábrese o prazo para que os bolseiros presenten solicitudes ao Plan Práctica Laboral da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación de Pontevedra adianta a concesión de 30 bolseiros a empresas do sector turístico
Por Oskar Viéitez |
-
As empresas pontevedresas teñen ata o 22 de abril para solicitar á Deputación mozos en prácticas
Por Redacción |