A CIG-Ensino pide responsabilidades polo campamento militar "instalado" no patio do centro de FP da Xunqueira
Por Redacción
A CIG-Ensino instou a Consellería de Educación a que ordene a retirada inmediata do campamento militar instalado pola Brigada de Infantaría Lixeira Galicia VII (Brilat) no patio do Centro de Formación Profesional da Xunqueira con motivo das actividades relacionadas co concurso de patrullas Tui-Santiago.
O sindicato define esta instalación como unha "situación vergoñenta" xa que a educación debe inspirar iniciativas pola paz e o desarme e, segundo se expón nun comunicado, "instalar ao exército non patio do centro escolar non axuda non máis mínimo a ese obxetivo". Segundo denuncia a central sindical o patio escolar do CIFP da Xunqueira "apareceu tomado polo exército español cunha montaxe da Brilat" e relata que na zona se observaban tendas de campaña e todo tipo de aparato que "o que fan é alonxar o ensino dun dous seus piares básicos: 'A Educación pola Paz e a non violencia'".
O sindicato nacionalista reclama a Consellería de Educación que retire o campamento e que tome as medidas oportunas para que esta situación non volva suceder nun centro de ensino. Ademais reclaman a esixencia de responsabilidades a quen ordenou e permitiu a instalación do campamento.