Pontevedra, escala de dous moteiros que reivindican seguridade viaria nunha ruta por España
Por Redacción
Dous motoristas de Bilbao chegarán o 3 de xuño a Pontevedra na undécima etapa da volta a España que están a realizar para reivindicar a Seguridade Vial. Veñen dende León, Ourense e O Carballiño para chegar á capital das Rías Baixas pola Avenida de Lugo.
Estes dous moteiros iniciaron esta campaña o 25 de maio para chamar a atención sobre a situación de inseguridade que sofren os motoristas polas estradas españolas e rexeitar os valos de protección metálicos que provocan a amputación ou a morte de moitos motociclistas.
O Club de Motos Pontus Veteris, que preside Manuel Picón, vai acoller e a acompañar a estes dous moteiros que regresarán a Barakaldo o 8 de xuño, tras percorrer toda España parándose en quince puntos, entre os que se encontra Pontevedra, ademais de Cádiz, Madrid, Sabadell, Valencia ou Xixón.