Louzán sobre o peche de Tafisa e de Crespo: "ÿ un problema extremadamente grave"
Por Mónica Patxot & Redacción
Unha ampla representación de traballadores de Construcións Crespo irrompía este mediodía na Deputación Provincial coa intención de demandar apoio do presidente Rafael Louzán, que tiña fixada unha reunión con representantes do persoal de Tafisa, que se enfronta ao peche anunciado pola dirección da fábrica.
Rafael Louzán mostrou a súa preocupación pola situación de desemprego na que quedarán moitos dos traballadores maiores de 50 anos, que forman parte destas dúas empresas. "ÿ un problema extremadamente grave" sinalou o presidente provincial facendo referencia ao golpe que o peche destas dúas empresas supón para a bisbarra de Pontevedra.
TAFISA
Os traballadores informaron o presidente da Deputación da convocatoria realizada pola dirección de Tafisa para iniciar un diálogo o próximo martes en Vigo cos representantes sindicais para a negociación do peche da planta de Ponte Caldelas.
Rafael Louzán indicou que neste caso "todas as administracións temos que ser sensibles" e confirmou que no pleno do venres 30 se pedirá a todos os grupos políticos un posicionamento claro para intentar buscar a viabilidade no caso de Tafisa. O máximo representante da Deputación mostrouse preocupado pola decisión adoptada pola matriz da empresa de taboleiros, o grupo Sonae: "ÿ un gran grupo empresarial que debe ter en conta a consideración que tivo Pontevedra coa recalificación dus terreos na marisma do Lérez e vamos a revisar todo iso", sinalou Louzán, que reclamou a máxima documentación ao comité de empresa para que os servizos xurídicos da Deputación revisen que posibilidades existen para intentar que a empresa dea marcha atrás.
Louzán: "Todas as administracións temos que ser sensibles"
Os traballadores de Tafisa concentraranse en Vigo durante a reunión prevista para o próximo martes 27 mentres se inicia a negociación entre a dirección e os representantes sindicais.
CONSTRUCCIONES CRESPO
En relación coa empresa construtora, Louzán sinalou que a Deputación só mantén unha obra en proceso con esta entidade da que restan 200.000 euros por executar e apuntou que se realizará canto antes. "A prioridade é que os traballadores perciban as dúas nóminas que teñen pendentes, así como a liquidación, e que non perdan os seus postos de traballo", indicou o presidente provincial.
Segundo manifestou o representante da CIG, Xaquín Agulla, a débeda de Crespo cos traballadores ascende 4.000 euros por persoa, ademais das indemnizacións. Agulla referiuse á reunión que a primeiras horas deste venres mantiveron coa administración concursal e afirmou que a empresa "vai pechar" e que agora entrarán a negociar o ERE extintivo que calcula que estea finalizado no prazo de 15 días. Segundo o representante sindical, a débeda da construtora sitúase en tres millóns de euros e engadiu que a pretensión da administración concursal é que as obras que a empresa ten actualmente en funcionamento se vaian finalizando ou sexan cedidas a outras empresas para xerar liquidez. Agulla concluíu sinalando que non van consentir que "esas obras sexan executadas por outras empresas do grupo Ramírez. Vannos encontrar de fronte nese sentido".
Relacionadas:
-
Os traballadores cren que as contas ofrecidas por Construcciones Crespo non xustifican o peche
Por Redacción |
-
Os traballadores de Tafisa rexeitan o plan de recolocación que propón a empresa
Por Redacción |
-
Louro proporá o estudo do convenio de Tafisa para reclamarlle o mantemento dos postos de traballo
Por Redacción |
-
O Pleno de Ponte Caldelas aproba por unanimidade unha moción de apoio aos traballadores de Tafisa
Por Redacción |
-
O persoal relaciona o peche de Tafisa co final do compromiso da empresa co Concello de Pontevedra
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Traballadores de Construcciones Crespo péchanse na Xunta e piden a dimisión de Cores Tourís
Por Anxo Lourido |
-
O xulgado autoriza a liquidación de Construcciones Crespo
Por Redacción |