Convocan o primeiro concurso de decoración de fachadas e balcóns do Centro Histórico
Por Redacción
A concellaría de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra acaba de convocar a primeira edición do concurso de decoración de fachadas e balcóns do Centro Histórico.
Esta iniciativa, na que colaboran Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría, Aempe e as asociacións de veciños Santa María e Boa Vila, ten como obxectivo "embelecer o contorno e implicar os veciños na conservación do patrimonio arquitectónico do municipio", segundo sinalou a concelleira Carlota Román.
O evento prolongarase dende o 7 de xuño, data na que se pecha a inscrición, ata o día 14 de setembro e está dirixido a todos os veciños ou comerciantes da Zona Monumental. Tamén se invitou a participar ás institucións públicas, pero fóra de concurso.
Un xurado será o encargado de elixir os gañadores tras realizar dúas inspeccións, unha durante a primeira semana de xullo e outra xa en setembro, antes de finalizar o prazo.
Entre os aspectos a valorar estará a orixinalidade na composición, a disposición das plantas e flores e tamén o seu crecemento.
O primeiro premio está dotado con 600 euros, o segundo con 400 e o terceiro con 300 euros.
Segundo explicou Román, nestes momentos son xa 72 os incritos, 22 particulares e 52 negocios.