Lores: "Os pontevedreses pagamos máis de 8 millóns de euros por sentenzas herdadas" de alcaldes do PP
Por Oskar Viéitez
Os cidadáns de Pontevedra pagaron dende o ano 1999 por sentenzas xudiciais "herdadas dos gobernos do Partido Popular" máis de 8 millóns de euros.
O dato ofreceuno durante o Pleno deste luns o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, en resposta á interpretación do voceiro do PP, Jacobo Moreira en relación ás "condenas millonarias impostas ao Concello por sentenzas xudiciais". Citou os casos Veteris, canon de Sogama, parcela anexa ao río Gafos ou a humanización de Sercoysa en Campolongo.
Fronte a estes casos que aínda están en recurso, Fernández Lores enumerou un listado de sentenzas firmes e contrarias ao Concello "algunhas correctas e outras máis que discutibles" que son anteriores á súa etapa como alcalde en Pontevedra: "a Grúa, avenida de Vigo, Alfonso X, 12 de Novembro, Benito Corbal ou os perimetrais da Parda que seguimos pagando aínda".
En total, segundo Fernández Lores, "os cidadáns levan pagado máis sentenzas por asuntos herdados do Partido Popular, e cartos, que por todas ás que se produciron firmes nos quince anos posteriores".
Relacionadas:
-
Pontevedra recorrerá a última sentenza de Sogama á espera da decisión do Constitucional
Por Redacción |
-
Mosquera asegura que as sentenzas en contra do Concello supoñen un aforro para os pontevedreses
Por Redacción |
-
Tres sentenzas contrarias ao Concello superan a quinta parte do presuposto municipal
Por Redacción |