Falece Jorge Domínguez, alcalde de Meaño
Por Redacción
Jorge Domínguez Rosal (Meaño, 1959), alcalde de Meaño dende 1991 e deputado provincial dende o ano 2011, non logrou superar o cancro de pulmón e de cerebro contra o que levaba loitando dende hai máis de dous anos faleceu hoxe np Complexo Hospitalario de Pontevedra.
Nas últimas eleccións municipais conseguía por quinta vez saír elexido, dende as ringleiras do Partido Popular, alcalde deste Concello do Salnés. Durante a súa enfermidade mantívose activo e, agás cando tiña que someterse a intervencións cirúrxicas, case nunca faltou a súa cita como rexedor. Asistiu a plenos, reunións veciñais e ofreceu intervencións públicas malia estar asistindo a sesións de quimioterapia. Hoxe falecía con 53 anos de idade.
"Foi todo un exemplo a seguir tanto no plano humano como no político"
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, suliñou que "deixará pegada longo tempo entre os que o coñecimos e tratamos, na comarca do Salnés e en todo Galicia porque foi todo un exemplo a seguir tanto no plano humano como no político".
Louzán lembrou, con emoción, unha recente rolda de prensa co propio Jorge Domíguez na que o alcalde de Meaño informou, con admirable serenidade, da súa infirmidade e dixo que "sentíme perdido cando soupen que tiña cáncer, pero tomei a decisión de loitar".
O presidente da Deputación lembrou que Domínguez foi "unha persona absolutamente entregado ao seu pobo e que contou co respaldo unánime del". Alcalde dende 1991, Domínguez gobernou con maioría absoluta ata o día de hoxe, primeiro como Independente e posteriormente dentro das filas do Partido Popular.
"Sentíme perdido cando soupen que tiña cáncer, pero tomei a decisión de loitar"
"Foi un referente para o seu pobo, onde foi querido, respetado e valorado, e tamén para a Comarca do Salnés pois profesionalizou e fixo unha brilante labor como presidente da Mancomunidade", destacou Louzán.
"Por todo eso, tivo como colofón á súa brilante e impecable traxectoria o cargo de deputado provincial polo Salnés dende o ano 2011", lembrou.
Jorge Domíguez era enxeneiro técnico agricola e técnico superior en Riscos Laborais. A súa intensa labor política propiciou que o Concello de Meaño sexa un dos máis saneados de Galicia, conte con dotación de servizos en todas as parroquias e dispoña de Plan Xeral de Ordeación Urbán dende o ano 1995.
Eficaz xestor e alcalde próximo e a disposición dos seus conveciños as 24 horas, Domínguez foi un avanzado ao seu tempo nas tarefas de profesionalización e rigor na xestión da vida municipal e comarcal, a través da Mancomunidade do Salnés.
Relacionadas:
-
Jorge Domínguez será alcalde perpetuo de Meaño e terá un busto no municipio
Por Redacción |
-
A profe Lourdes, é agora a alcaldesa
Por Oskar Viéitez |
-
Lourdes Ucha será a nova alcaldesa de Meaño en substitución de Jorge Domínguez
Por Redacción |
-
Recordo a Jorge Domínguez e David Raposeiras: 'Entre a santa compaña dos inmortais galegos'
Por Jorge Cubela López |
-
José Ramón Tilve asume a alcaldía de Meaño trala morte de Jorge Domínguez
Por Redacción |