Queremos Galego reivindica cunha concentración na Peregrina o dereito a "vivir na nosa lingua"
Por Diego Espiño
Con berros de "na Galiza, en galego" e coincidindo co Día dás Letras Galegas, a plataforma Queremos Galego convocou actos revindicativos nas principais cidades da comunidade.
En Pontevedra, unha concentración na Praza da Peregrina lanzou un chamamento para "seguir lotando para que a nosa lingua teña o estatus que se merece na nosa terra", en palabras de Demetrio Gómez como voceiro da plataforma.
O acto mirou tamén a Europa ante as próximas eleccións para recordar "que a Unión Europea nin sequera recoñece a nosa lingua", polo que é momento, segundo Queremos Galego, de "dicir alto e claro que Galicia existe, ten unha lingua propia e queremos vivir en galego".
No manifesto, lido por Sabela Bará, pediuse ademais "un paso adiante" no uso do idioma nos centros educativos, na administración, en medios de comuniciación ou nas ofertas de lecer e comercio.