Remata o conflito laboral de Ambulancias Transa despois de seis meses de folga
Por Redacción
Despois de seis meses de folga este xoves púxose fin ao conflito laboral da empresa de Transa, a empresa de ambulancias concesionaria do 061 para o transporte sanitario en Pontevedra, Marín e Bueu.
Segundo informou o presidente do comité de empresa, Alfonso Bugallo, a nova dirección da firma admite as reclamacións dos traballadores e no próximo mes de outubro aboaralles a paga extraordinaria de marzo de 2012 ademais das horas extras traballadas en 2012 e 2013.
O grupo adquirido por Ambulancias Salnés, novos propietarios da empresa, accederon a acondicionar os tres centros de traballo, principalmente a base de Marín.
Ademais de poñer fin a unha folga indefinida que se iniciou o 9 de decembro, os traballadores tamén retirarán todas as denuncias presentadas.