Sorprenden un home roubando dez litros de gasóleo dunha máquina de obra
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra sorprendeu na madrugada deste mércores un individuo mentres roubaba gasoléo dunha máquina de obra na rúa Martín Códax, na zona da Xunqueira de Alba. Tras ser 'pillado' coa roupa ulindo a combustible, recoñeceu que intentaba levarse dous garráfas.
Os feitos aconteceron sobre as 00.45 horas, cando un vehículo policial patrullaba pola citada rúa e viu que un individuo saía dunha zona na que había unha caseta de obras e pretendía abandonar o lugar apresuradamente.
Nese momento, déronlle o alto e, ao achegarse, notaron un forte olor a gasoleo e que o home tiña manchas na roupa. Ao mesmo tempo, decatáronse de que unha das máquinas situadas na zona da caseta de obra tiña o tapón do depósito desenroscado e, ao lado había dúas garrafas de cinco litros cheas de gasóleo, un anaco de mangueira, unha tesoira, dous desaparafusadores e un alicate.
Os axentes mantiveron un diálogo con el e recoñeceulles que estaba a intentar apoderarse de gasóleo quitándoo dunha das máquinas. Nese momento non tiña documentación, de modo que o trasladaron a dependencias policiais para poder identificalo. Resultou ser un veciño de Poio de 40 anos.