Fiscalía pide todos os expedientes relativos ás obras de Pasarón
Por Redacción
A Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra requiriu ás distintas Administracións implicadas na obras de reforma do estadio dePasarón toda a documentación relativa aos traballos co obxectivo de ampliar a información que achegou o concelleiro de Deportes e secretario xeral local do PSdeG-PSOE en Pontevedra, Agustin Fernandez, na súa denuncia polo sobrecoste na actuación.
O fiscal xefe, Juan Carlos Aladro, confirmou que a denuncia presentada por Agustín Fernández a título individual xa está "leída, registrada e incoada".
Tras revisar a denuncia, abriron dilixencias e nun escrito datado o martes 13 de maio e entregado este xoves 15 de maio solicitaron todo o expediente das obras. Aladro recoñece que a denuncia do concelleiro socialista é "incompleta" e queren ter toda a información necesaria para poder determinar se a xestión da obra pode ser constitutiva dalgunha irregularidade ou delito.
Agustín Fernández denunciou que o sobrecusto das obras pasou dos 7,2 millóns polos que se adxudicou a 17,9 millóns, un desfase que considera unha "sinvergüenzada".
Relacionadas:
-
Pasarón entra en campaña: Tino Fernández pono como "exemplo do que non debe ser a política deportiva"
Por Redacción |
-
A Fiscalía pide seguir investigando seis meses máis a suposta prevaricación das obras de Pasarón
Por Natalia Puga |
-
A Fiscalía pedirá a outras administracións máis documentación sobre as obras de Pasarón
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Louzán declara ante a Fiscalía que os reformados de Pasarón foron aprobados por unanimidade e sen reparos
Por Oskar Viéitez & Alejandro Espiño |
-
Mosquera acusa a Tino Fernández de "andar enredando" con Pasarón
Por Oskar Viéitez |
-
Deputación e Concello darán "todas as facilidades" para que se investigue sobre Pasarón
Por Oskar Viéitez |
-
O concelleiro Agustín Fernández afirma que o PSOE apoia a súa denuncia polo sobrecusto de Pasarón
Por Redacción |
-
Agustín Fernández anuncia en Facebook a súa denuncia contra a "sinvergüenzada" de Pasarón
Por Redacción |
-
A Deputación resta importancia ás denuncias de Agustín Fernández sobre Pasarón: "Iso é política barata"
Por Oskar Viéitez |