Alarma nocturna pola nube de fume dun incendio nunha cociña
Por Redacción
O incendio dunha campá extractora nunha vivenda espertou a alarma veciñal pouco arredor das 21.30 horas na rúa Ernesto Caballero e toda a veciñanza.
Os veciños viron que saía unha nube de fume do interior dunha vivenda situada no número 30 de Ernesto Caballero e deron a voz de alarma.
Ata o lugar desprazáronse efectivos do Corpo de Bombeiros e a Policía Local de Pontevedra, que aumentaron a alarma xa xerada polo fume ao chegar coas sereas e luces acendidas pola rúa Loureiro Crespo en plena noite.
Os bombeiros puideron comprobaron que o fume procedía dunha cociña na que empezara a arder unha campá extractora, pero finalmente todo quedou nun susto.
Tras sufocar o lume, airearon a vivenda, pero volveron chamar a atención da veciñanza coas manobras para saír do lugar da intervención, pois tiveron que conducir marcha atrás ao ser imposible dar a volta ao camión ao final de Ernesto Caballero.