Medio cento de marinenses infórmase para reformar a súa casa
Por Redacción
Arredor de 50 persoas achegáronse á nova Oficina de Rehabilitación de Marín para obter información sobre as posibilidades de reforma o rehabilitar sus viviendas.
A oficina abreu as súas portas o 25 de outubro e dende entón xa foron contactadas máis de 80 persoas e téñense realizado case 20 visitas previas por parte dos técnicos da oficina.
Dende esta oficina tramítanse varias axudas. Por un lado, a vivendas recollidas dentro da Área de Rehabilitación Integral (ARI), que van dirixidas a comunidades de propietarios, donos e inquilinos cunha vivenda con máis de dez anos de antigüidade destinada a residencia habitual.
Tamén se poden tramitar axudas para vivendas en solo urbano non incluído na zona ARI. Poderán acceder ao Plan Renove as comunidades de propietarios, donos e inquilinos con vivenda destinada a residencia habitual. As actuacións estarán destinadas á mellora da eficiencia enerxética, hixiene, saúde e protección do medio ambiente nas vivendas e utilizacion de enerxías renovables, á mellora da accesibilidade do edificio e a de garantir a seguridade e estanqueidade do edificios.
En canto ás vivendas de solo de núcleo rural, poderán acceder ás axudas do Decreto 44/2011 os propietarios ou inquilinos con vivenda unifamiliar destinada a residencia habitual con antigüidade mínima de 10 anos no caso de fachadas e cubertas, 15 anos en actuacións de rehabilitación ou 40 anos nas de reconstrucción. Só nas actuacións de accesibilidade a persoas maiores de 65 anos ou con mobilidade reducida se esixe unha antigüidade mínima de 5 anos.