Dous días de folga en Construcciones Crespo para evitar o peche da empresa
Por Oskar Viéitez
A asemblea de traballadores de Construcciones Crespo decidiu en asemblea ir á folga para forzar a dirección da empresa a que reconsidere a súa decisión de acudir á liquidación. Convencidos de que a firma pontevedresa ten futuro, o equipo esixe un plan de viabilidade para saír con éxito do concurso de acredores.
Segundo o acordo adoptado este venres no edificio de sindicatos os traballadores dende o próximo 21 de maio non acudirán aos seus postos de traballo as mañás de catro mércores consecutivos nas que farán concentracións ante a sede da construtora na rúa Gorgullón.
Estas medidas de presión estás supeditadas ás decisións que adopte o Xulgado do Mercantil, segundo informou o representante da CIG, Xaquín Agulla.
Relacionadas:
-
O xulgado autoriza a liquidación de Construcciones Crespo
Por Redacción |
-
Traballadores de Construcciones Crespo concéntranse ante a sede da empresa
Por Redacción |
-
Os traballadores de Construcciones Crespo decidirán o venres 9 se asumen unha folga
Por Redacción |
-
Denuncian que Construcciones Crespo busca a liquidación para deixar a 90 traballadores na rúa
Por Redacción |
-
Construcciones Crespo entra en concurso de acredores
Por Redacción |