A patronal española no sector do turismo de negocios valora o potencial de Pontevedra
Por Redacción
O cluster empresarial que aglutina todos os segmentos do turismo de negocios español está este venres en Pontevedra debatendo sobre o presente e o futuro dun sector que move máis de 5.000 millóns de euros anuais e no que España é a terceira potencia mundial.
A concelleira de Turismo, Carlota Román, trouxo a Pontevedra a segunda xuntanza que o Foro das Asociacións da Industria Española de Reunións e Eventos celebra dende a súa fundación hai algo máis dun ano.
Os líderes dos organizadores de feiras, congresos, viaxes de incentivos, xestores de destinos, asociacións de directivos e de axencias de viaxes valoraron o potencial de Pontevedra, definida como unha cidade de tamaño medio, moi cómoda, cunha infraestrutura feiral magnífica e perfectamente integrada na paisaxe e na trama urbana da cidade. Unha candidata idónea, como se remarcou en varias intervencións, para acoller eventos de calidade.
Román explicou a aposta de Pontevedra por introducirse neste sector, que achega un turismo desestacionalizado, cun alto índice de internacionalización e cun elevado retorno socioeconómico, dado que o gasto medio diario por visitante é moito máis elevado.
Falou tamén da creación da Oficina de Congresos de Pontevedra, o que permitiu pechar xa 12 congresos e seis feiras para este ano, da programación deportiva da cidade e dos primeiros pasos da Pontevedra Film Commission.
Relacionadas:
-
Pontevedra explica as claves do éxito da súa política feiral no "Spain Convention Bureau"
Por Redacción |
-
'Si Quero' inaugura a programación feiral de 2015
Por Redacción |
-
Pontevedra, presente no Spain Convention Bureau
Por Redacción |
-
Especialistas en feiras e congresos coñecerán Pontevedra para organizar vindeiros eventos
Por Redacción |