Costas autoriza a instalación de 15 quioscos nos areais de Sanxenxo
Por Redacción
O Servizo Provincial de Costas aprobou as ocupacións temporais do dominio público marítimo-terrestre solicitadas polo Concello de Sanxenxo de cara á instalación de diversos servizos nas praia do municipio.
Desta forma deuse permiso para poñer en funcionamento, en 11 areais, un total de 15 quioscos durante a tempada estival, o que se completará con 63 hidropedais, 333 hamacas e parasois e 32 piraguas.
Costas autorizou tamén a instalación dunha terraza de 30 metros cadrados na rúa Progreso de Sanxenxo e o anexo, de 32 metros cadrados, do quiosco situado no Parque do Espiñeiro, en Portonovo, ademais de regularizar unha caseta de surf na Lanzada.
Nos areais os servizos quedarás distribuídos do seguinte xeito:
PLAYA | QUIOSCOS | TUMBONAS | HIDROPEDAIS | PIRAGUAS |
Silgar | 3 | 169 | 26 | 12 |
Canelas | 1 | 24 | 14 | 7 |
Areas | 1 | 50 | 5 | 5 |
Baltar | 1 | 0 | 0 | 0 |
Paxariñas | 1 | 25 | 5 | 5 |
Montalvo | 2 | 50 | 5 | 0 |
Major | 1 | 15 | 3 | 0 |
Pragueira | 1 | 0 | 0 | 0 |
Foxos | 1 | 0 | 0 | 0 |
Area Gorda | 1 | 0 | 0 | 0 |
Nanín | 1 | 0 | 0 | 0 |