Colisión entre dous turismos en Curro
Por Redacción
A estrada entre Vilagarcía e Pontevedra, a PO-531, rexistrou este luns unha violenta colisión entre dous vehículos.
Segundo informou o 112 ás 15:59 horas un particular alertou dunha colisión entre dous vehículos pouco despois da gasolineira de Curro, en dirección cara a Pontevedra, no Concello de Barro.
Como consecuencia do impacto os ocupantes dos turismos resultaron feridos de carácter leve.