Localizan 0,5 gramos de cocaína un mozo e el confesa que ten 17,5 máis na casa e o calzón
Por Natalia Puga
Un mozo de Pontevedra protagonizou unha inesperada confesión ante a Policía Local. Un grupo de axentes que realizaban controis contra o estraperlo de droga déronlle o alto e localizaron un envoltorio con 0,5 gramos de cocaína, pero nese momento o nerviosismo apoderouse del e recoñeceu, nun primeiro momento, que tiña tres envoltorios máis escondidos no calzón e, despois, que tiña 34 paquetes de 0,5 gramos cada un na súa casa. Finalmente, interviñéronselle 18 gramos de estupefaciente.
Segundo informou a Policía Local, os feitos aconteceron sobre as 21.30 horas do 28 de abril. Unha patrulla policial estaba a controlar persoas sobre as que tiñan sospeitas fundadas de que se dedicaban ao estraperlo de droga e, cando estaban na praza da Peregrina, viron como un individuo amagaba con facer algún tipo de entrega o seu acompañante, pero, nese momento, eles decatáronse da presenza policial e intentaron fuxir.
Escaparon dos axentes polas rúas Aduana, Cobián Roffignac, Pai Luis e, de novo Cobián Roffignac, onde foron interceptados. Ao darlles alcance a Policía, un deles intentou ocultar un envoltorio na cazadora, pero foille localizado e tratábase de 0,5 gramos de cocaína.
Xa interceptado, os axentes preguntáronlle se tiña máis droga e el, nun primeiro momento, negouno, pero a continuación fixo gala dun estado de gran nerviosismo e acabou confesando que tiña tres envoltorios máis gardados no calzón, con 0,5 gramos de cocaína cada un, así como 250 euros en billetes.
Trinta denuncias administrativos por consumo e/ou tenza de drogas na rúa nos catro primeiros meses do ano
O nerviosismo xogou outra mala pasada ao rapaz ao acabou recoñecendo que se dedicaba ao venda de droga e que tiña máis substancia na casa. No seu domicilio foron localizados 34 envoltorios máis nun bote de arroz e unha báscula de precisión, de modo que finalmente se lle interviñeron un total de 18 gramos de cocaína e o rapaz rematou imputado por un delito contra a saúde pública.
No que vai de ano 2014 a Policia Local realizou un intenso labor contra o estraperlo e o consumo de droga na rúa e en catro meses imputou oito persoas por delitos relacionados co tráfico de drogas e formulou 30 denuncias administrativas por temas relacionados, 20 por tenza de estupefacientes e 10 por consumo na rúa.
En canto aos imputados, o primeiro remóntase xa ao 14 de xaneiro, cando se localizou no parque Rosalía de Castro (no que está situado o botellódromo) a un rapaz de 20 anos que se dedicaba ao estraperlo nas inmediacións de colexios públicos durante a hora do recreo.
O 21 de febreiro imputouse a unha persoa por trapichear no ámbito de Ponte Boleira, o 17 de marzo o denunciado foi un home localizado mentres conducía fumando un porro que deu positivo no narcotest e, cando lle inmobilizaron o coche, chamou o seu camelo para que llo levase.
O 27 e o 31 de marzo e o 10 de abril varios operativos permitiron unha ofensiva ao estraperlo de drogas no ámbito da praza da Ferrería.
Relacionadas:
-
Apelan ao autoconsumo nun xuízo por trapicheo: "Por desgracia, soy adicto y lo necesito para los nervios"
Por Natalia Puga |
-
Tres detencións por venta de drogas no entorno da praza da Ferrería
Por Redacción |
-
A vixiancia dos centros escolares, obxectivo prioritario para a Policía Local
Por Oskar Viéitez |
-
Denunciadas dúas persoas por venda de drogas na praza da Ferrería
Por Redacción |
-
Erradican un punto negro de venda de drogas en Ponte Boleira
Por Redacción |