Concentración de pensionistas de CC.OO. ante as oficinas da Seguridade Social
Por Redacción
Un grupo de membros da Federación de xubilados e pensionistas de Comisións Obreiras (CC.OO.) concentráronse na mañá deste martes 29 ante a oficina do Instituto Nacional da Seguridade Social en Gagos de Mendoza para denunciar a perda do poder adquisitivo que sofren polas medidas adoptadas polo Goberno.
O colectivo está a realizar concentracións periodicamente coa intención de que se adopten medidas por parte da administración para paliar o empobrecemento que denuncian.
Ademais, dende CC.OO. e UGT estase a promover unha actuación para que os plenos dos Concellos aproben mocións de apoio a este sector da poboación. Desta forma, xa se presentou en Marín e, segundo manifestou o secretario comarcal de CC.OO, José Luís García Pedrosa, tamén se vai levar ao pleno do Concello de Poio.