Ferido un ciclista na colisión cun coche en Vilalonga
Por Redacción
Un ciclista resultou ferido este luns tras verse implicado nun accidente cun turismo en Vilalonga, en Sanxenxo.
O sinistro produciuse sobre as 15.20 horas no cruzamento de acceso ao instituto de Vilalonga cando, por motivos que se descoñecen, se produciu unha colisión entre un coche e unha bicicleta.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, ao lugar desprazáronse efectivos da Policia Local, o servizo municipal de Emerxencias de Sanxenxo e unha ambulancia de Urxencias Médicas de Galicia.