Detido por romper a mandíbula a un amigo co que discutiu en Santa Kata
Por Redacción
A festa de Santa Kata, patrón da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra, apenas deixou incidencias durante a edición deste ano e as queixas e críticas de 2013 non se reiteraron. Non obstante, días despois da súa celebración saíu á luz unha consecuencia descoñecida. A un mozo rompéronlle a mandíbula, unha lesión pola que acaba de ser detido outro individuo.
Segundo informou a Policía Nacional, o suposto responsable da agresión é un veciño de Pontevedra de 21 anos que xa foron detidos por un delito de lesións e en todo momento afirmou estar arrepentido do sucedido.
Os feitos sucederon xa na mañá do xoves 24 de abril, pero ata agora non saíran á luz porque o agredido requiriu asistencia hospitalaria e tardou dous días en denunciar. Acudiu á Comisaría o sábado e o mesmo día se produciu xa a detención do seu presunto agresor.
Un mozo encontrábase no campus celebrando Santa Kata en compañía dos seus amigos cando se iniciou unha discusión entre el e un amigo. O contrincante propinoulle un puñazo na cara e, nun primeiro momento, sentiu unha forte dor pola que non tomou medidas. Non obstante, foi en aumento e decidiu pedir asistencia médica.
Nun primeiro momento, desprazouse ao centro de saúde da Parda e de alí foi derivado ao Hospital Montecelo, onde, tras diversas probas lle diagnosticaron rotura de mandíbula como consecuencia do puñazo, unha lesión pola que deberá ser intervido cirurxicamente.