Saen a concurso os cinco locais vacantes do mercado de Frei Juan Navarrete
Por Oskar Viéitez
Os cinco locais baleiros do mercado de Frei Juan Navarrete saen a concurso, despois de que a xunta de goberno local aprobase este luns o expediente de adxudicación das concesións.
En total son seis locais, un deles dobre, que serán regulados mediante unha concesión por 25 anos e por un canon de entre 20.000 e 32.000 euros segundo o local.
A concelleira responsable de mercados, Carlota Román, destacou que se trata de "un gran paso en la regularización" de todo este tipo de actividades comerciais, indicando que o proceso de adxudicación de postos no Mercado de Abastos se encontra "en su recta final" pois tan só resta a apertura do expediente para poder adxudicar as bancadas baleiras.
Neste proceso constatouse que "no hay interés social" por completar todos os postos da Praza polo que entende Carlota Román que cualquier crítica que surja ahora ya no tendrá nada que ver con la gestión municipal.
O seguinte serán os mercados ambulantes da Xunqueira e Estribela cuxa normativa reguladora "está obsoleta" polo que está a ser actualizada "siguiendo la ordenanza tipo" facilitada pola Xunta de Galicia. A día de hoxe a ocupación destas feiras ambulantes apenas alcanza o 40%.
A renovación de mercados non alcanzará, por agora ao mercado de antigüidades que se desenvolve os domingos na praza da Verdura "es alegal", sinalou Carlota Román "excede mis competencias", admitiu, polo que terá que ser abordado conxuntamente por varios departamentos municipais.