A pontevedresa Soledad Fernández cumpre 101 anos
Por Redacción
Este domingo 27 de abril é unha xornada de celebración no domicilio de Soledad Fernández Amil, unha pontevedresa que cumpre 101 anos en compañía dos seus familiares.
O alcalde de Pontevedra, como é tradición nestes casos, visitou a muller centenaria e comprobou o seu bo estado de saúde, ademais de entregarlle o habitual ramo de visitas. Miguel Anxo Fernández Lores desexoulle que se mantivese así de ben ata a próxima visita.