Os ritos das labradas xermolan na cidade
Por Diego Torrado
Pontevedra volveu recuperar, por cuarto ano consecutivo, o conxunto de ritos e costumes que se desenvolve en relación cos traballos de labranza do mes de abril, especialmente na zona da bisbarra de Mondariz-Paradanta.
Nestes traballos colectivos da terra desenvólvense cantares específicos para a ocasión, que veñen acompañados pola execución de ritmos tradiconales tocando nos instrumentos de labranza como as sachas e os 'leghóns'. Nalgunhas zonas tamén se celebra o baile do ramo, no que un mozo saca a bailar as rapazas levando en alto un ramo de loureiro, que se adorna con panos, rosquilas e lazos.
Durante toda a xornada do sábado 26, Pontevedra celebrou unha xornada de difusión destas actividades culturais coa participación de grupos de distintas zonas que mostran as súas interpretacións en distintas prazas da cidade para finalizar cunha festa na Praza do Teucro