Detido por roubar 400 litros de gasóleo dun camión dunha nave de Alba
Por Redacción
A Policía Nacional detivo un veciño de Pontevedra por un delito de furto por supostamente subtraer 400 litros de gasóleo dun camión estacionado no exterior dunha nave da parroquia de Alba.
Segundo informou a Policía Nacional, o detido é un home de 38 anos con antecedentes policiais. Foi localizado sobre as 17.30 horas do 23 de abril por un furto que se produciu dous días antes.
O representante dunha empresa de Alba denunciou na Comisaría que detectara o furto de gasóleo dun camión dun cliente estacionado no aparcadoiro situado diante da súa nave. O depósito estaba desenroscado e notou que faltaba a totalidade do gasóleo que había no depósito, uns 400 litros.