Atropelo dun 'gorrilla' na TIR de Vilagarcía
Por Redacción
O 112 informou dun atropelo acontecido ás 15:36 horas na rúa Rivero de Aguilar de Vilagarcía de Arousa.
Segundo testemuñas presenciais, un coñecido gorrilla que fai de aparcacoches na zona TIR irrompeu inesperadamente na estrada sendo golpeado por un vehículo cuxo condutor non puido facer nada para evitar o golpe.
Estas mesmas fontes indicaron que o mozo presentaba unha perna rota e un golpe forte na cabeza.
Unha ambulancia do 061 trasladouno ao Hospital Comarcal do Salnés.