A Policía Autonómica imputa o presunto autor dun incendio forestal na Lama
Por Redacción
A Policia Autonómica da Xefatura Provincial de Pontevedra, procedeu á imputación do presunto autor dun incendio forestal imprudente, no concello da Lama, na provincia de Pontevedra.
O incendio aconteceu no lugar de Portasouto, parroquia de Verducido, e foi orixinado pola realización dunha queima na que non se adoptaron as medidas de seguridade preceptivas. No lume arderon 2.000 metros cadrados de superficie arborada e 2.500 metros cadrados de monte raso.
Para a extinción do mesmo foi necesaria a intervención do persoal do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia. Foron tramitadas dilixencias que foron remitidas o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, en funcións de garda, de Pontevedra.
No que vai de ano, un total 25 persoas foron detidas ou imputadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.