César Abal acusa a María Biempica de que "su objetivo no es otro que tener un salario"
Por Redacción
Os concelleiros do grupo municipal do PP en Pontevedra non ocultan este mércores o seu malestar por ter que decatarse a través dos medios de comunicación da decisión da súa xa ex compañeira María Biempica de darse de baixa do grupo e do partido. A pesar do desacordo coas formas, o voceiro dos 'populares', Jacobo Moreira, non reprochou a decisión da edil e manifesta o seu "respeto" á súa decisión.
Máis duro mostrouse o concelleiro César Abal. Tras unha comparencia púbica, valorou que a renuncia de María Biempica é unha postura "coherente con la posición distante" que veu mantendo co resto do grupo 'popular' e que "a lo mejor" con esta nova posición "consigue su objetivo, que no es otro que tener un salario".
A preguntas dos xornalistas, César Abal negou que ese obxectivo de obter un salario municipal poida atribuírse tamén aos outros tres concelleiros do seu grupo que perderon a dedicación exclusiva e parcial como consecuencia do mesmo acordo do Pleno da Corporación que María Biempica, María José Rodríguez Teso, Ricardo Aguilar e Pablo Fernández. No caso destes tres edís, entende que ao pedir que se lle restitúan as súas dedicacións o que piden é "restituir un derecho, un atropello".
Abal nega que utilice dous baras de medir diferentes á hora de valorar as actuacións de Biempica e dos outros tres concelleiros e xustifica as súas críticas á dimisionaria porque ela "se va al grupo no adscrito" e, na súa opinión, "eso conlleva otras cosas". Ao respecto, equipara a súa situación co que sucedeu no Parlamento de Galicia cando a concelleira de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Carmen Iglesias se pasou ao Grupo Mixto. "Lo veréis en los próximos meses, irá a las Juntas de Portavoces, irá a todas las comisiones, etc...", engade.
Pola súa banda, Jacobo Moreira insistiu en que"es una decisión personal que respeto" e agradece a María Biempica a "dedicación que ha tenido". Fronte ás declaracións da aludida e de César Abal, nega que houbese mala relación interna dentro do grupo, senón que "estaba como los demás concejales".
O voceiro do PP nega que se enrarecesen as relacións despois do voto de María Biempica en contra da nova Lei do Aborto e asegura que o seu é "un partido libre"en o que, mentres el siga sendo voceiro, se respectarán as liberdades, dereitos e opinións de todo o mundo, tanto concelleiros coma o resto de cidadáns.
A dimisión de Biempica chega despois de que no actual mandato municipal xa deixasen o grupo do PP os ex concelleiros José Manuel Guillán, Celia Soto e Begoña Laya, pero Jacobo Moreira non entende que teña responsabilidade na situación nin que o sucedido mereza unha reflexión a maiores da que xa se fai "todos los días" no seo do grupo municipal.
Ao respecto, non se ve "para nada" debilitado de cara ao próximo congreso local do PP e entende que "estamos yendo por el buen camino". Xustifica este balance positivo aludindo a "los ataques que nos está haciendo Lores", pois demostran que"ahora sí estamos haciéndole bastante daño" e "está notando ya el aliento de la oposición".
O GOBERNO LOCAL LAMENTA A IMAXE QUE OFRECE O PP
O portavoz do goberno local de Pontevedra, Raimundo González, considera "unha mágoa que o partido da oposición estea nun proceso de descomposición, nunha situación de "hechos unos zorros". Iso é prexudicial para os pontevedreses, dixo, "porque ten un electorado que contou co apoio de moitos veciños que votaron ao Partido Popular e o normal é que estivera en mellor situación. Está nun estado de descomposición, tal e como se pode aprezar neste acto".
González aclaró que como concejala no adscrita "non pode ter máis dereitos dos que tiña dende o grupo de procedencia" e agradeceu que María Biempica acudira a comunicarllo persoalmente ao alcalde. Nese mesmo sentido, expresouse Miguel Anxo Fernández Lores.