María Biempica presenta a súa baixa como concelleira do Partido Popular
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A concelleira pontevedresa María Biempica presentou a súa baixa ante o Rexistro do Concello de Pontevedra como concelleira do grupo municipal do Partido Popular para pasar a ser concelleira non adscrita. (Carta de despedida de María Biempica)
A instancias dos xornalistas locais, María Biempica compareceu ante os medios de comunicación na sala de prensa do Concello de Pontevedra para explicar esta decisión que baseou nas "incompatibilidades" co voceiro do PP, Jacobo Moreira. Ademais dirixiu unha carta ao xerente provincial do PP na que tamén presenta a súa baixa temporal na formación conservadora "porque me es inviable continuar así, ya que no me siento ni respetada ni respaldada".
A partir de agora Biempica pasará a ser concelleira non adscrita decidida a traballar "como la que más para mejorar la vida de los pontevedreses". "Aunque les gustaría más que me fuese, no es el caso", dixo.
María Biempica responsabilizou a Jacobo Moreira desta decisión
María Biempica responsabilizou a Jacobo Moreira desta decisión, afirmando que a súa baixa no PP se manterá "mientras esté esta persona", aínda que asegurou que "en ningún momento quiero imponer ningún candidato". Biempica deixa as filas do partido no que milita dende hai 21 anos.
O "respecto" e a "coherencia" foron os termos máis repetidos pola edila pontevedresa ao longo dos 17 minutos que durou a súa rolda de prensa.
As súas discrepancias no seo do grupo municipal popular evidenciáronse a raíz da "decisión unilateral de Jacobo" de romper coa situación das dedicacións exclusivas na Corporación local. A situación complicouse definitivamente despois de que Biempica votase en contra da reforma da lei do aborto desoíndo así as directrices do seu partido.
A partir de aí, foi "aislada" dentro do grupo municipal. "Voy a las reuniones para que se me reprochen cosas por parte de todos y cada uno de mis compañeros" e aínda que lle pediron con insistencia que aguantase e tivese paciencia, segundo dixo "nadie hace nada" polo que asegura que "permanecer en las condiciones actuales sería conformarse con ser un concejal florero, condición que es absolutamente contraria a los principios que me caracterizan".
"Yo molesto, bueno. Pues yo también estoy molesta con ellos", concluíu Biempica.
Relacionadas:
-
"Hola, somos Tod@s por Pontevedra y nos presentamos a las elecciones"
Por Natalia Puga |
-
María Biempica celebra a retirada da lei do aborto: "De alguna forma se me da la razón"
Por Alejandro Espiño |
-
María Biempica, "caso cerrado" para o Partido Popular
Por Oskar Viéitez |
-
Dúas comisións para a nova etapa de María Biempica como concelleira non adscrita
Por Redacción |