Limpeza de árbores e lixo no río Gafos
Por Redacción
A Consellería de Medio levou a cabo a limpeza dun tramo do río Gafos ao seu paso pola rúa Ponte Nova del Concello de Pontevedra. Ao longo dun tramo de 20 metros de lonxitude levouse a cabo esta limpeza para facilitar o paso da auga xa que caeran árbores na canle ademais doutros restos vexetais e lixo. Foi necesario o emprego de motoserras e un tractor con pinza e cable para extraer estes restos.
As obras están enmarcads no programa de mantenmiento e conservación do dominio público hidráulico e das zonas de acceso e protección que ten en marcha a Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas.