Solicitan a instalación de 21 quioscos nas praias de Poio, Bueu e A Illa
Por Redacción
A Xunta de Galicia recibiu un total de 21 solicitudes para a instalación de quioscos nos areais de Poio, Bueu e A Illa de Arousa durante a tempada de verán, das 80 peticións rexistradas en toda a Comunidade.
A administración deberá comprobar que se cumpren todas as esixencias antes de que estas instalacións empecen a funcionar, podendo facelo dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro.
Entre os requisitos fundamentais encóntranse a obrigatoriedade de que non exista ningún tipo de instalación fixa ou desmontable a menos de 100 metros da que se pretende explotar, que as conducións de servizo sexan soterradas ou que o sistema de saneamento garanta unha eficaz eliminación das augas residuais.
Ademais en canto conclúa a tempada estival a Xunta, en colaboración con Costas, realizará unha inspección para comprobar que todas as esixencias se cumprisen.
En Bueu, A Illa e Poio instalaranse quioscos nas praias de:
MUNICIPIO | PRAIA | QUIOSCOS |
Bueu | Areas de Bon |
3 |
Bueu | Mourisca |
1 |
Bueu | Agrelo- Portomaior |
1 |
Bueu | Lapamán |
1 |
Bueu | Tuia |
1 |
Bueu | Portomaior |
1 |
Bueu | Agrelo |
3 |
Bueu | Illa de Ons |
1 |
Illa de Arousa | Concerrado |
2 |
Illa de Arousa | O Bao |
1 |
Illa de Arousa | Area de Secada |
3 |
Illa de Arousa | O Faro |
1 |
Poio | As Sinas- Raxo |
1 |