José Luis Mártínez: 8.000 quilómetros en moto para promover a doazón de medula ósea
Por Diego Espiño
Despois de dous transplantes de medula ósea que lle salvaron a vida, pero que o sumiron nunha profunda depresión, José Luis Martínez está a protagonizar unha volta a España en moto para promover este tipo de doazón.
Este asturiano de 38 anos, de Tineo, decidiu poñerse en marcha a xeito de terapia persoal ao decatarse de que hai 300 persoas que se morren en España ao ano por non encontrar doador "y la mayoría son críos pequeños", matiza para engadir despois que falta información: "yo no recuerdo nunca un autobús explicando, una carta en casa, nunca vi nada, por eso eché los trastos a la moto".
José Luis encóntrase xa na recta final da súa viaxe. A Pontevedra chegou este sábado na décimo quinta etapa, que continuou ata Coruña con parada en Santiago de Compostela antes de afrontar o domingo o seu último día, dende Coruña ao seu pobo, Tineo, pasando por Ferrol e Lugo.
En total preto de 8.000 quilómetros con parada nas 52 capitais de provincia máis Tarifa, Santiago e Ferrol.
En cada un destes lugares empregou parte do seu tempo en repartir información sobre a doazón de medula con maior ou menor éxito, pero sempre cunha grande ilusión, porque como el mesmo recoñece "si de cada 1.000 papeles que reparto 100 lo leen y dos donan ya ganamos dos vidas".
José Luis Martínez: "Si de cada 1.000 papeles que reparto 100 lo leen y dos donan ya ganamos dos vidas"
Entre a súa mensaxe encóntrase o elminar a falsa crenza de que este tipo de doazón é complicada, e é que "una simple donación de sangre sirve en un principio".
A través da extracción de sangue determínase o tipo de medula que ten cada persoa, pasando a un rexistro español de medula ósea, que José Luis define como "una guía telefónica gigante" á que se acode cando fai falta un doador, "buscan y si la persona es compatible lo llaman".
ÿ posible que esa chamada nunca chegue pero se o fai "sería como una donación de sangre con dos vías, una en cada brazo" di este motorista asturiano, que recoñece ademais que "hay algún caso que hay el pinchazo ese que tanto teme la gente pero es un caso extremo que se hace en quirófano con anestesia general en sólo 20 o 25 minutos".
Á cidade de Lérez José Luis Martínez chegou escoltado por un grupo de motoristas de Pontevedra ata o posto informativo situado na praza da Peregrina.
Para máis información sobre a doazón de medula pódese consultar a páxina http://galicia.medulaosea.org/.
Relacionadas:
-
RADIO.- Medallas para agradecer unha segunda oportunidade de vida
Por Marisa Ciordia |
-
De Tui a Santiago, 120 quilómetros correndo para concienciar sobre a doazón de medula ósea
Por Redacción |
-
"La gente sigue creyendo que si te haces donante de órganos te van a matar antes"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |