Churra, unha pontevedresa de 71 anos, a aspirante "máis entrañable" da segunda edición de MasterChef
Por Redacción
- ¿Cómo te llamas?
- Churra.
- ¿Churra?
- El otro nombre era muy feo y mis padres al final decidieron que había que llamarme con un nombre más mono.
- ¿Cuál era el otro nombre?
- Isolina Dolores Consuelo.
- Te voy a llamar Churra, si no te importa.
Así se estreaba Churra na segunda edición de MasterChef. ÿ de Pontevedra e ten 71 anos. Esta ama de casa é a aspirante máis veterana que compite este ano por converterse na mellor cociñeira afeccionada de España, título que concede este programa de TVE. Unha idade coa que, afirma, "se pueden hacer muchas cosas". Asegura que para emprender este reto "me veo con la misma energía o más que cualquier chico joven".
Demostrouno dende o inicio de programa, pasando as sucesivas fases de casting. Entre elas, unha proba no Porto de Barcelona na que participaron 500 aspirantes. Optou por un solombo ao oporto recheo con foie e queixo de cabra, que fascinou ao xurado. Foi Pepe Rodríguez, xefe de cociña do prestixioso restaurante El Bohío (Illescas, Toledo), quen lle deu unha das culleres de madeira que lle permitía acceder á proba final.
Dende que apareceu en pantalla cunha camelia branca, imitando os xuíces de Masterchef, marabillou a audiencia. Tanto que foi unha das poucas concursantes que lograron situarse como 'trendig topic' en Twitter. Primeiro polo seu nome, que xerou algún que outro conto, pero tras vela cociñar e desenvolverse entre os fogóns, espertou o aplauso unánime dos seguidores do programa. E tamén os afagos por parte dos xuíces.
E iso que o casting final de Madrid non comezou demasiado ben para Churra. "Estoy temblando", recoñecía a pontevedresa nada máis situarse diante dos tres xuíces de MasterChef, Pepe Rodríguez, Samantha Vallejo-Nájera e Jordi Cruz. Tiña cinco minutos para concluír o prato que empezara a preparar nas cociñas do programa. Pero os nervios xogáronlle unha mala pasada e parte da súa presentación a punto estivo de estragarse.
"Es la ilusión de mi vida (...) Que a mi edad te presentes a MasterChef, que te cojan Bueno, si tengo al pueblo loco", afirmou Churra
Mentres cociñaba, Churra explicou que na casa "todo me sale que te chupas los dedos". Leva cociñando 48 anos, xusto o tempo que leva casada. Ao seu marido coñeceuno en Santiago de Compostela, mentres ela estudaba Filosofía. "Me apareció un marido y como yo era muy vaga dejé la carrera y me casé divinamente", narrou entre as risas dos tres xuíces. Foi un momento distendido, xusto antes da valoración do seu prato, un guiso caseiro.
Froito deste matrimonio son os seus tres fillos e sete netos, que recoñece que son a súa debilidade e cos que intenta pasar todo o seu tempo libre. Asegura ser "decidida, extrovertida y con buena empatía con la gente". Sorprende pola súa vitalidade e a súa actividade constante, ata o punto de practicar fitness e zumba. A súa paixón pola cociña vénlle da súa nai e das súas amigas coas que dende moi novo intercambiou receitas.
O primeiro en valorar a súa proposta foi Pepe Rodríguez, quen a pesar de encontrar o prato "sabrosón" lle deu un non á pontevedresa porque "yo soy de este tipo de guisos, pero un domingo en mi casa". Todo o contrario que Jordi Cruz, quen gabou a preparación da carne. "El pájaro que estaba ahí metido era el que estaba mejor preparado de todos los que hemos visto", afirmou o respectado xefe de cociña catalán.
Todo quedaba en mans de Samantha Vallejo-Nájera. "Tengo muchas dudas", afirmaba. Pero decidiu que o lugar de Churra non estaba dentro de MasterChef. Pero despois de que se reunise cos seus familiares chegaba a sorpresa. "Creo que he metido la pata", recoñecía a empresaria. E foi a buscala co mandil branco, o símbolo do programa, na man. Ela era unha das quince aspirantes desta segunda tempada.
A cociña forma parte da súa vida, explica Churra, e está segura de que vivirá unha grande experiencia no programa. "Es la ilusión de mi vida", afirmaba no programa. "Hombre, no me digas. Que a mi edad te presentes a MasterChef, que te cojan Bueno, si tengo al pueblo loco". Non será o único acento pontevedrés nesta segunda edición. Unha das súas probas gravouse hai unhas semanas no restaurante de Pepe Vieira en Raxó (Poio). Estará Churra nela? Converterase na nova MasterChef España? Se o consegue quere abrir un restaurante en Pontevedra "pequeño y coqueto" cunha das súas fillas. Comprobarémolo moi pronto.
Relacionadas:
-
Ketty, unha pontevedresa "por amor" que participará na sexta edición de Masterchef
Por Alejandro Espiño |
-
Nutricionista, 29 anos e embarazada: Así é Lidia Folgar, a moza de Caldas que concursa en Masterchef
Por Alejandro Espiño |
-
De Bueu á casa de 'Gran Hermano': Hugo Pérez e a súa cabra, entran no popular concurso de Telecinco
Por Redacción |
-
As Rías Baixas, en 'MasterChef': visita ás bateas do Grove e cociña con mexillóns en Pepe Vieira
Por Alejandro Espiño |
-
Churra, eliminada de MasterChef: "Fue todo muy duro, pero me voy feliz. Ha sido una oportunidad de oro"
Por Redacción |
-
O programa 'Masterchef' elixe como estudio ás Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |