Denunciadas dúas persoas por venda de drogas na praza da Ferrería
Por Redacción
Dous operativos da Policía Local de Pontevedra, os días 27 e 31 de marzo, no ámbito da praza da Ferrería, finalizaron con dúas persoas denunciadas por tráfico de drogas e varios procesos administrativos por tenecia de substancias estupefacientes na vía pública.
A actuación iniciouse ante as reiteradas queixas dos veciños sobre un grupo de persoas que se reúnen na zona, especialmente na fonte dos xardíns de Casto Sampedro.
Nos operativos procedeuse ademais á identificación de seis persoas e incautáronse pequenas cantidades de droga, especialmente haxix, marihuana e pastillas de trankimazin.
Estas intervencións súmanse ás realizadas en 2013, nas que se chegou a denunciar a catro persoas por un delito contra a saúde pública coa intención de erradicar este punto de venda e consumo de drogas.
ACTUACIÿN EN JOAQUÍN COSTA E DOCE DE NOVEMBRO
Por outra parte segundo informa a Policía Local unha das súas patrullas observou o pasado día 17 de marzo, sobre as 19:25 horas, unha transacción entre dous individuos e unha persoa que, sospeitaban, traficaba con drogas.
Despois de seguir ao vehículo para identificar o comprador, os axentes déronlle o alto, encontrando tras un breve rexistro un anaco de haxix de aproximadamente 2,7 quilos e un porro, polo que se lle tramitou unha denuncia por tenza de estupefacientes.
Ademais, tras realizarlle un test de drogas e dar positivo os axentes procederon tamén a denuncialo por conducir baixo os efectos dos estupefacientes.
Por último, ante a sorpresa dos policías municipais, o condutor chamou nese momento a un amigo para que acudise ao lugar e resultou ser o presunto vendedor, polo que a patrulla da Policía Local o denunciou tamén por un delito contra a saúde pública.
Relacionadas:
-
Tres detencións por venta de drogas no entorno da praza da Ferrería
Por Redacción |
-
Imputan seis persoas por un presunto delito de tráfico de drogas na Ferrería
Por Diego Espiño |
-
A vixiancia dos centros escolares, obxectivo prioritario para a Policía Local
Por Oskar Viéitez |
-
Localizan 0,5 gramos de cocaína un mozo e el confesa que ten 17,5 máis na casa e o calzón
Por Natalia Puga |