Trece entidades ultiman a XX Festa da Raia que encherá Portonovo en Semana Santa
Por Redacción
Trece asociacións e entidades, entre as que se encontra o Concello de Sanxenxo, teñen xa todo listo para a vixésima edición da Festa da Raia, que coincide cos días centrais da Semana Semana. A programación inclúe propostas gastronómicas, culturais e lúdicas.
A carpa instalada no porto de Portonovo abrirá entre os días 18 e 20 de abril e permitirá degustar distintas preparacións deste produto como a tradicional raia en 'caldeirada', escabechada e 'mariñeira', así como empanada, cóctel, empanadillas e croquetas a prezos que irán dende os 3 aos 5 euros.
Nesta edición, serán o bar A Curva, o mesón O Chasco e Piperetas 'Cociña con xeito' os encargados de servir estes pratos, que estarán complementados con polbo e cos doces elaborados pola pastelaría Carlos, ademais dos viños que achegarán as adegas A Barrosa e Viña Pedreira.
Á súa vez, o produto estrela desta celebración contará cun protagonismo especial nos restaurantes colaboradores de Portonovo, nos que non faltará a 'raia en caldeirada' a un prezo único de 8,50 euros.
A concelleira de Cultura, Paz Lago explicou que a decoración exterior da carpa, "que tivo moito éxito o ano pasado", volverá estar presente grazas a diferentes asociacións e haberá máis dun centenar de raias de marquetaría pintadas a man con diferentes técnicas artísticas.
O recinto festivo albergará actividade cultural permanente como o mural de debuxo no que poderán participar nenos e nenas de entre 3 e 14 anos, o canto de lectura, o taller de dornas ou a exposición de maquetas de barcos. Ademais, a programación inclúe un certame de canción popular; a concentración 'Vespa Raiada'; contacontos; talleres de nós mariñeiros, cestaría de papel e redeiras; animación musical; un festival de baile rexional; actuacións da orquestra 'Latyngala' e de Paula Macarttian e grupo; e a entrega da 'Raia de Ouro'.
Paralelamente á festa desenvolverase no espazo portuario o III Salón de Oportunidades promovido polo Centro Comercial Urbano Entretendas. Permanecerá aberto de 11.00 a 22.00 horas os mesmos días 18, 19 e 20 de abril.
Relacionadas:
-
A Festa da Raia de Sanxenxo, a última fin de semana de outubro
Por Redacción |
-
O barbeiro Pepe Deza e o grupo musical ALKAR recibirán a 'Raia de Ouro' 2015
Por Redacción |
-
Portonovo despide a vixésima edición da Festa da Raia
Por Redacción |
-
Portonovo outorgará ao futbolista Fran Rico a 'Raia de Ouro'
Por Redacción |
-
A Festa da Raia pecha a súa XIX edición con máis de 2.000 racións servidas
Por Redacción |
-
Portonovo trasládase ata o domingo aos anos 40 e 50 para celebrar a XIX Festa da Raia
Por Alejandro Espiño |
-
A Raia volve de festa a Portonovo a finais de marzo
Por Redacción |