O 'dream team' de Correos reparte paquetes en Pontevedra
Por Mónica Patxot
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu un grupo de carteiros de Pontevedra que acaban de ser recoñecidos cun premio estatal á Excelencia.
Esta sección de Correos especializada na repartición de paquetería e envíos urxentes da oficina da avenida de Lugo, foi considerada como a mellor de España. Fernández Lores trasmitió o orgullo de toda a cidadanía por este premio que "é un galardón para Pontevedra, porque algo terá que ver a cidade con todo isto", apuntou.
Esta ducia de traballadores "o 'dream team' do Estado español", segundo Lores, mantiveron un distendida charla co rexedor ao que trasladaron algunhas suxestións para seguir mellorando no seu traballo, como controlar máis que os vehículos particulares non ocupen os espazos habilitados para a carga e descarga.
Pilar Peleteiro, xefe deste servizo en Pontevedra, informou que o premio será entregado o próximo mes de maio en Madrid e que seguen mellorando para revalidar o recoñecemento en próximas convocatorias.