A Escola de Restauración coordinará as súas protestas con outros centros de ensinanzas artísticas de toda España
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Nunha rolda de prensa convocada este xoves os voceiros do alumnado da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, informaron que a partir de agora coordinarán as súas accións de protesta con outros centros de ensinanzas artísticas de toda España que ao igual que eles pretenden conseguir o seu recoñecemento profesional. Os estudantes comezaron unha campaña fotográfica reivindicativa ante os monumentos máis coñecidos de Galicia.
Rebeca Cambeiro e Diego Iglesias, voceiros da asemblea de alumnos, trasladaron o apoio dos estudantes desta Escola ao equipo directivo despois da súa demisión e rexeitaron as críticas dos que aseguran que os alumnos están a ser manipulados. "Aquí ninguén pensa por nós", dixeron.
A situación actual da Escola, que describiron como "un barco sen rumbo", obrígaos a mobilizarse para resolver o seu futuro laboral.
Neste sentido sopesan unha concentración ante o reitorado da Universidade de Vigo para forzar un posicionamento sobre a petición de adscrición por parte do recén reelixido reitor, Salustiano Mato. E é que están convencidos de que a solución pasa pola súa integración na universidade.
"ÿ a única vía posible para garantir a supervivencia da Escola de Restauración e Conservación", concluíron.
Relacionadas:
-
Os socialistas reclaman a integración da Escola Superior de Restauración no sistema universitario
Por Redacción |
-
A Escola Superior de Conservación impartirá un master da Universidade de Vigo
Por Redacción |
-
A Escola de Restauración saca as súas reivindicacións á rúa
Por Oskar Viéitez |
-
Dimite a dirección da Escola de Restauración ante as dúbidas sobre o futuro do centro
Por Redacción |
-
Os alumnos de Restauración recuperan o esplendor da igrexa de Santa María de Oia
Por Oskar Viéitez |
-
Así é o quirófano do Museo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |