Miguel Cabanela, o cirurxián que operou a cadeira do Rei, participará nun Congreso de Ortopedia en Pontevedra
Por Redacción
Expertos de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía reuniranse no Centro Social NovacaixaGalicia o 13 e o 14 de xuño durante o XXVI Congreso da Sociedade Galega sobre estas especialidades médicas, un evento que contará coa presenza dun dos cirurxiáns máis populares nos últimos meses, Miguel Cabanela, o médico que realizou a operación da prótese da cadeira do Rei Juan Carlos I. O coñecido doutor de Mondoñedo presentará unha conferencia maxistral titulada 'Os 10 mandamentos na cirurxía de revisión protésica de cadeira'.
Este Congreso encóntrase organizado pola Sociedade Galega de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía e durante esta mediodía foi presentado pola concelleira de Turismo, Carlota Román e os traumatólogos do Complexo Hospitalario de Pontevedra, Manuel Muiña e Eduardo Vaquero, responsables da organización, que escolleron a cidade de Pontevedra para desenvolver este evento polas boas condicións coas que conta a capital para un congreso destas características.
Á cita está previsto que acudan ao redor de 150 traumatólogos de toda Galicia para participar nun programa que se centrará en temas relacionados coas lesións deportivas na man e no pulso, as fracturas nos nenos e nos anciáns, a patoloxía de cadeira infantil e os recambios protésicos.
Entre os relatores tamén se encontran Íñigo Etxebarría, encargado de presentar a nova guía clínica da osteoroposis e Pedro González Herrán, que tratará sobre a patoloxía da cadeira infantil.