Salvamento Marítimo amplía ata a ría de Arousa a busca dos dous mariñeiros do 'Mar de Marín' desaparecidos
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Medios marítimos e aéreos de Salvamento Maritimo continuaron a busca dos mariñeiros Manuel Domínguez Mallo, de Marín, e Alexander Nketiah, de Ghana a primeiras horas da mañá deste mércores 2 de abril coa decisión de intensificar o operativo pola Illa de Ons e na entrada da Ría de Vilagarcía. Pasadas as 21.00 horas suspendeuse sen éxito por falta de visibilidade ata o xoves.
A través de twitter, Salvamento Marítimo trasladaba esta información de ampliar a busca máis alá da ría de Vigo onde se produciu o tráxico accidente marítimo entre o pesqueiro 'Mar de Marín' e o mercante 'Baltic Breeze' nas proximidades das Illas Cíes.
Un equipo de Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil trasladouse ata a zona onde se produciu o afundimento do pesqueiro marinense e realizou dúas inmersións para analizar as condicións do mar e a visibilidade, pero non no pecio. Determinouse que non hai moitas correntes, pero que a visibilidade é case nula.
Un grupo de mergulladores de Salvamento Marítimo da Base Estratéxica de Fene localizaban xa durante a xornada do martes ao pecio do 'Mar de Marín' a 57 metros de profundidade e a unha distancia de 1,4 millas o SE do illote do Boeiro, ao sur das Ilas Cíes.
Salvamento Marítimo informou que na tarde deste mércores trasladouse ata a zona na que está afundido o 'Mar de Marín' un robot que inspeccionará o pecio. Trátase do ROV Comanche (Vehículo submarino a control remoto), un equipo operado a distancia para operacións subacuáticas a gran profundidade que ofrece unha alta capacidade de intervención en difíciles condicións de mar e corrente.
Segundo informa Salvamento na súa páxina web, o ROV conta con tres cámaras (dúas delas en soportes motorizados). Almacénase e mantén na Base Estratéxica de Salvamento e Loita contra a Contaminación en Fene (A Coruña) e dende alí trasladouse ao porto de Vigo a bordo do remolcador Don Inda. Chegou a primeira hora da tarde e sobre as 20.00 horas partiu á zona do afundimiento.
Polas súas dimensións, non poderá acceder ao pesqueiro, pero si tomar imaxes do exterior e, unha vez analizadas, permitirán coñecer as condicións nas que está o pecio e o mar e tomar decisións sobre o descenso dos mergulladores de Salvamento, que, en todo caso, non será este mércores.
Ademais, chegou tamén dende Fene ao porto de Vigo un segundo remolcador, o Sar Gavia, cunha campá de mergullo que facilitará a inmersión, pero que quedou en porto. Este mércores descártase que os mergulladores de Salvamento Marítimo se somerxan na zona do pecio. Si estiveron na zona pola mañá seis profesionais e outros 10 dos GEAS.
Relacionadas:
-
Remata sen éxito a quinta xornada de busca dos dous desaparecidos no naufraxio do 'Mar de Marín'
Por Redacción |
-
Tercer día de busca dos desaparecidos do 'Mar de Marín'
Por Redacción | Creada e actualizada
-
"Todo fue muy rápido", aseguran os sobreviventes do afundimento do pesqueiro 'Mar de Marín'
Por Redacción |
-
O Concello de Marín solicita "respecto cara ás familias de todos os tripulantes do Mar de Marín"
Por Oskar Viéitez |
-
Tres mariñeiros dun barco de Marín falecen e dous están desaparecidos tras chocar cun mercante nas Cíes
Por Redacción | Creada e actualizada