O goberno local critica o oportunismo do PP por "eludir o consenso" respecto a Adolfo Suárez
Por Oskar Viéitez
O anuncio dos populares pontevedreses adiantando que levarán unha moción ante o pleno municipal para que a corporación decida poñer o nome de Adolfo Suárez para o desdobramento da Avenida de Vigo, xerou as críticas por parte do goberno local ante o "oportunismo" da iniciativa.
O voceiro do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, xustificouse ante tal reacción dicindo que "yo trataré de consensuarla previamente con los otros grupos para que en el Pleno sea apoyada y no surja allí el debate".
"Nosotros propondremos una comisión o le que haga falta pero yo creo que la ciudadanía en su inmensa mayoría va a ver bien esta propuesta y creo que todo el mundo la va a aplaudir", engadiu Moreira.
Lores di que "este tipo de nomeamentos se fan de maneira consensuada no marco da Comisión de Cultura"
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recordou que "dende hai moito tempo por acordo de toda a Corporación" este tipo de nomeamentos se fan de xeito consensuado no marco da Comisión de Cultura "que xa ten moitas propostas enriba da mesa" polo que todas elas "terán que ser estudadas e consensuadas de maneira unánime ou maioritaria".
"Polo tanto todas ás propostas son ben recibidas pero nin é decisión do alcalde, nin do grupo de goberno nin dun conselleiro determinado. Vanse a estudar todas coa mesma rigurosidade e sobre todo, intentando buscar o consenso" e engadiu que "a min tomar as decisións así a bote pronto tampouco me parece oportuno. Hai que repensalas cousas para que sexan definitivas".
Louro: "creo que adiantar algo e contribuir moi pouco ao consenso e Adolfo Suárez era un home de consenso"
Pola súa banda o tenente de alcalde e voceiro do grupo do PSdeG, Antón Louro, apuntou que tamén os edís socialistas "estamos pensando en distintas posibilidades de recoñecer e de honrar a quen foi ou primeiro presidente da democracia española e calquer iniciativa que tomemos ímolo facer de acordo co resto das forzas políticas presentes na corporación". Louro apelou ao acordo "creo que adiantar algo e contribuír moi pouco ao consenso e Adolfo Suárez era un home de consenso".
Sobre a proposta do PP dixo Louro que "é unha opción hai que valorala e estudiala, en todo caso, pode haber outra de maior calado e transcendencia e impacto na cidade de Pontevedra".
Finalmente Antón Louro pediu a "máxima colaboración e total consenso coas iniciativas relacionadas con esta figura" e asegurou que por parte do seu grupo "non queremos tomar ningunha iniciativa que non tome corpo de consenso" criticando ao Partido Popular por "andar xogando a ver quen chega primeiro".
Relacionadas:
-
O PP insiste en chamar Adolfo Suárez ao desdobramento da avenida de Vigo e buscará consenso
Por Redacción |
-
O PP proporá o nome de Adolfo Suárez para o desdobramento da Avenida de Vigo
Por Redacción |
-
O pleno de marzo queda aprazado ata o luns 31 en sinal de duelo polo falecemento de Suárez
Por Redacción |
-
Decretan tres días de loito oficial pola morte de Adolfo Suárez, ex presidente do Goberno
Por Redacción |