César Mosquera afirma que o Pontevedra CF debe asumir o mantemento de Pasarón
Por Oskar Viéitez
"O Estadio de Pasarón está entregado e baixo a xestión do Concello dende finais de 2012", concretamente dende outubro daquel ano, explicou o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, tratando de aclarar esta cuestión.
"ÿ unha propiedade municipal que o único que se fixo foi poñela a disposición da Deputación e que ésta unha vez que entende que acabou as obras cesou esa posta a disposición", engadiu.
O concelleiro pontevedrés avala o argumentado pola Deputación cando asinou a acta de recepción das obras, é dicir que Pasarón é responsabilidade do Concello de Pontevedra.
Do mesmo modo, Mosquera afirma que a institución provincial asumiu durante máis dun ano un custo que non lle correspondía, aínda que matiza que tampouco é responsabilidade do Concello, senón do Pontevedra Club de Fútbol.
Segundo o convenio asinado entre Concello e Deputación o mantemento do estadio, é do Pontevedra CF, como vén facendo dende o ano 1962.
Relacionadas:
-
Un informe xurídico supedita a recepción do Estadio de Pasarón a unha inspección municipal
Por Redacción |
-
Agustín Fernández eleva o custo de Pasarón a case 18 millóns e anuncia que acudirá a Fiscalía
Por Diego Espiño |
-
Deputación esixe ao Concello a recepción de Pasarón e deixará de asumir os seus gastos dende o 1 de abril
Por Redacción |