Buscan un mozo de 17 anos desaparecido dende o venres: "Si a las 12 no estaba en casa, mandaba un mensaje"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
José Manuel Mosquera Grela saíu da súa casa o venres pola mañá en dirección ao instituto, pero non chegou. Tampouco regresou á súa casa a mediodía. Nin pola tarde. Ás 18.00 horas, os seus pais xa estaban tan preocupados que acudiron á Comisaría da Policía Nacional para denunciar a súa desaparición. Esa preocupación foi en aumento. Este luns "ya es el cuarto día" e José Manuel Mosquera pai e María del Carmen Grela están "desesperados". Non teñen noticias do seu fillo de 17 anos e non se explican que puido pasar.
Pasaron a mañá deste luns dun lado para outro. Ao instituto Valle Inclán, á Comisaría, ás estacións de autobús e tren, aos sitios de Pontevedra que frecuenta o seu fillo. E, ao rematar, "ya no sabemos qué más hacer". Mentres o teléfono non paraba de soar, detivéronse un momento ao lado do instituto, a foto do seu fillo nunha man, as bágoas que asomaban os ollos e, de súpeto, a nai tomou unha decisión: "me vuelvo a casa, a lo mejor mi hijo está esperando en las escaleras y llevo desde las ocho y media fuera".
José Manuel e María del Carmen son dous pais desbordados pola situación. Ao seu fillo búscano por toda Pontevedra, a Policía Nacional abriu unha investigación e os amigos do rapaz búscano polas redes sociais. Non paran de darlle voltas onde pode estar o seu fillo. A súa principal hipótese é que o rapaz desapareceu por vontade propia, pero non se explican por que. "Es una cosa tan sumamente extraña que no sé qué puede haber pensado, qué le pudo haber pasado por la cabeza", sostén o pai.
"Si te digo que el chaval no llegó después de la una de la mañana a casa nunca no me vas a creer (...) Si eran las 12 y no había llegado ya mandaba un mensaje. Si a las 12 y diez minutos no estaba en casa, te mandaba un mensaje", insiste José Manuel Mosquera, que interpreta que o único motivo que puido levar ao seu fillo a desaparecer de casa "tienen que ser las notas".
Segundo explican, no instituto Valle Inclán entregaron as notas o mércores 19, pero o seu fillo non lles dixo nada. O venres comentoulles que non iría ao instituto a primeira hora como cada día. A súa nai solia levalos a el e ao seu irmán de 13 anos, Víctor Eduardo, en coche, pero o venres el "nos dijo que iba más tarde porque iba a recoger las notas, que iba a comer con los colegas por ahí y luego venía para casa". Os seus pais crérono porque "ha ido a comer fuera con los amigos muchas veces" e non empezaron a desconfiar ata media tarde.
Cando comprobaron que non chegaba, chamárono por teléfono, deulle apagado e foron ao seu cuarto. No medio dun caderno encontraron as notas do seu fillo e sorprendéronse porque "fueron peores que de costumbre. No es de sobresaliente ni de nueve, pero es difícil que suspenda una materia". De todos os xeitos, a pesar das notas, non se explican por que puido optar por irse de casa. "No somos papás de regañar", explica a súa nai. Chámalles a atención que falta algunha roupa do seu fillo e que deixou o seu teléfono móbil, pero levou a tarxeta SIM.
Nun primeiro momento pensaron que podía estar con algún amigo, pero "hablamos con todos y ninguno sabe nada". De feito, os amigos máis próximos estiveron na súa casa e foron os que emprenderon unha campaña para denunciar a desaparición do rapaz a través das redes sociais.
"Suelen faltar los adolescentes, pero siempre llegan a casa. Yo creo que dio el paso para adelante y ahora está cobarde"
Descartaron que poida estar con algún familiar que non viva en Pontevedra porque a familia, de orixe venezolana, leva 10 anos vivindo en Pontevedra e "no tenemos a nadie más, somos nosotros cuatro y las abuelas". As avoas "están deshechas" porque, ademais, "no les quisimos decir nada para no preocuparla, pensábamos que iba a entrar por la puerta de madera". Pero a foto apareceu nas redes sociais e "una señora le llamó por teléfono y le dijo que el nieto apareció en Internet como que se busca".
Ademais, descartan que puidese viaxar a algún punto lonxe da cidade porque "no tiene dinero". Habitualmente tiña algún diñeiro no peto, pero pequenas cantidades, "como mucho 30 o 40 euros". E "fuera no tiene amigos".
A súa nai non deixa de dar voltas a posibles explicacións e empeza a pensar que as súas malas notas poden ter a súa orixe no cambio de hábitos ao que lle levou unha lesión. Dende que chegou a Pontevedra xogou sempre ao fútbol, oito anos no Pontevedra e dous no Salgueiriños, pero agora tivo que deixalo. Lesionouse, rompeu os ligamentos, operouse, tivo unha recuperación longa de oito meses e, ao rematar, o cirurxián recomendoulle que deixase o fútbol. O médico recomendoulle outros deportes, pero el optou por apuntarse ao ximnasio. A súa nai sospeita que "a lo mejor, de tener el tiempo distribuido, ahora tenía más tiempo y no supo organizarse. No sé".
Todas as situacións que se imaxinan rematan descartándoas e agora xa empezan a pensar que puido irse desgustado polas malas notas e non sabe como volver. "Suelen faltar los adolescentes, pero siempre llegan a casa. Yo creo que dio el paso para adelante y ahora está cobarde", interpreta a nai, "de mil caminos agarró el peor". O pai coincide. A súa "esperanza es que vuelva", pero "conociéndolo, me imagino que estará arrepintiéndose. Igual dice: mimá, el follón que se ha armado...".
Os pais de José Manuel Mosquera piden colaboración cidadá para a súa localización. Quen teña algún dato, pode poñerse en contacto coa Comisaría (091) ou a través do teléfono 660.46.63.47.