A Solaina suxire a supervisión técnica de todos os hórreos de Poio
Por Oskar Viéitez
A Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico Artístico de Combarro, A Solaina, diríxiuse por carta ao Concello de Poio en relación co estado dos hórreos de Combarro para transmitirlle a súa "satisfacción" pola súa vontade de facer un informe sobre su estado, a raíz da preocupación social trasladada tras a caída dun dos hórreos do pobo o pasado mes de febreiro.
Neste sentido solicitan "se é posible", que lles informe das principais conclusións contidas dese informe e que actuacións vai realizar para buscar a solución aos problemas detectados.
Dende o punto de vista da Solaina a situación dos cruceiros tamén require "unha supervisión técnica por parte do Concello de Poio" e advirten que polo menos dous deles presentan algún tipo de problema, o do adro da Igrexa parroquial de San Roque e Cruceiro da Praza de San Roque que ten fisuras nas pezas ameazando a solidez do conxunto.
Polo tanto, neste caso, solicita que se identifique "de forma precisa, técnica, a situación destes monumentos" do Conxunto Histórico de Combarro, "unha supervisión que posiblemente sería desexable ampliar á totalidade de cruceiros do Concello de Poio".
Relacionadas:
-
Cultura chequeará o grao de conservación de Combarro
Por Redacción |
-
Un gran pacto municipal para salvar os hórreos de Combarro
Por Redacción |
-
A Xunta e o Concello de Poio estudan a recuperación dos hórreos de Combarro
Por Redacción |
-
Requiren unha actuación inmediata das administracións para preservar os hórreos de Combarro
Por Redacción |