Protesta á luz das candeas
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Arredor de medio millar de cidadáns iluminaron o Hospital Provincial nunha simbólica protesta na que os manifestantes portaban candeas e lanternas.
O voceiro da Plataforma SOS Sanidade Publica, Francisco Vizoso, explicaba este significado "por unha banda e a iluminación dá sanidade pública que temos que defender e por outra trátase dun velorio porque nola queren matar".
Este acto tamén serviu como chamada de atención á mobilización convocada o mércores 26 de marzo en defensa da sanidade pública pola plataforma sindical que conforman CESM-Omega, CSIF, CIG, SAE, UGT, CC.OO e TSP.