O PP sopesa levar de novo ao xulgado o conflito dos soldos
Por Oskar Viéitez
Lonxe de resolverse o conflito dos soldos dos concelleiros do Partido Popular volve complicarse.
O grupo municipal do PP está a valorar levar de novo ao xulgado do acordo do pasado mes de febreiro polo que o goberno local pretendía cumprir a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que decretaba a devolución das dedicacións exclusivas retiradas en xullo de 2012.
"Posiblemente si", respondeu o voceiro popular, Jacobo Moreira, ao ser preguntado se ía denunciar este acordo ante os tribunais, "lo estamos valorando, pero probablemente sí", engadiu.
Recordemos que os edís da oposición lograron recuperar os seus soldos durante apenas dous meses (entre o 20 de decembro e o 19 de xaneiro) para volver perdelos dende hai catro semanas.
O asunto volverá de novo ao pleno do próximo luns para "corrixir erros" ao non se ter xustificado a súa urxencia nin se tramitar segundo as normas.
Jacobo Moreira cre estar ante "una nueva represalia", dende o seu punto de vista "es una forma de burlar y tratar de eludir la anterior sentencia", xa que considera que "incurre en los mismos defectos".