Unha vela por unha Sanidade "pública, universal e gratuita"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Plataforma SOS Sanidade Pública cita a toda a cidadanía a unha concentración, o próximo venres 21 de marzo, en torno ao Hospital Provincial.
Este movimiénto cívico convocar baixo o lema "Abraza o hospital, ilumina á sanidade pública".
A cita aspira a que os participantes acudan con velas ou lanternas para "iluminar" un simbólico abrazo á sanidade pública, universal e gratuíta.
O voceiro de SOS Sanidade Públcia, Francisco Vizoso, facultativo do CHOP e delegado de CIG asegura que só unha acción "conxunta" entre os traballadores sanitarios e os cidadáns pode "salvar" ao sistema público de saúde, ao que considera seriamente ameazado por unha deliberada estratexia de deterioración, os copagamentos e privatizacións alentadas dende a propia administración.
Esta Plataforma anunciou que Pontevedra tamén se sumará á mobilización convocada para toda Galicia o 26 de marzo.