Unha ferida en Vilanova tras un aparatoso accidente con tres vehículos implicados
Por Redacción
Contra as 21:00 horas deste domingo rexistrouse un accidente na PO-549 en Vilanova de Arousa no que unha muller resultou ferida.
Tres vehículos víronse implicados neste sinistro que tivo lugar na estrada que comunica Tarrío coa Illa de Arousa.
Segundo informan dende Protección Civil de Cambados, a muller ferida conducía un Chevrolet Nubira que foi arremetido por un Audi A3 que ao parecer se incorporaba dende un cruzamento. Como consecuencia do golpe o Nubira chocou contra un Mercedes que estaba aparcado e a continuación envorcou. Os tripulantes do Audi, unha muller e a súa filla, saíron ilesas.
O suceso cortou a estrada por espazo dunha hora.