Teatro e xogos populares na fin de semana de Ponte Caldelas
Por Redacción
Alumnos de 2º Curso do Ciclo Superior de Animación e Actividades Físico-Deportivas do IES María Soliño, de Cangas, organizaron o "Torneo Xeracións de Xogos Populares e Tradicionais de Galicia" na Alameda de Ponte Caldelas coa colaboración do Concello e da Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns.
Os participantes puideron practicas xogos tradicionais como a malla, a chave, os birlos celtas y a ran na modalidade de xogos por parellas que se foron apuntando ao longo que se ía desenvolvendo a exhibición previa das competicións a desenvolver.
A experiencia de convivencia xeracional a través da práctica do deporte e o xogo serviu de exercicio práctico que estes alumnos achegarán ao seu expediente académico a valorar agora polos seus profesores.
EXCURSIÿN DE FIN DE CURSO
Alumnos do Instituto de Ponte Caldelas puxeron en escena a obra "L'Avare" (O Avaro) de Molière, en francés e galego, para recadar fondos para unha viaxe de fin de curso que teñen previsto realizar ao finalizar os seus estudos. A representación tivo lugar no ximnasio-salón de actos do colexio Cordo Boullosa e a ela asistiu un nutrido público que, tras aboar unha entrada de dos euros, gozou dunha tarde entretida pola comicidade dos actores e a súa "profesionalidade" sobre o escenario.
O éxito alcanzado pola representación provocou que varias asociacións culturais do municipio se interesasen pola obra e convidado a representala en próximas datas nos seus respectivos centros socioculturais co fin de difundir as habilidades dramáticas dos alumnos do instituto e axudarlles a recadar fondos para a excursión de fin de curso.