A Misión Biolóxica acollerá a primeiros de abril a III Xeira do Patrimonio
Por Redacción
A Concellaría de Patrimonio Histórico e Cultural celebrará do 3 ao 5 de abril a III Xeira do Patrimonio, xornadas de patrimonio rural baixo o título "Patrimonio e participación". A
programación coa que se traballa para esas datas terá como base a Misión Biolóxica de Galicia, en Salcedo.
-
Xoves 3 de abril
- 19,00 horas Conferencia de Manuel Caamaño Suárez: "O patrimonio galego das construcións rurais da etapa preindustrial". (Na Casa das Campás. Aberta)
-
Venres 4 de abril
- 17,30 horas Conferencia de Ángel Portolés Górriz, coordinador do proxecto Patrimoni da Universidade Jaume I de Castellón: "O proxecto Patrimoni como proceso de revalorización do patrimonio cultural no medio rural de Castellón".
- 18:30 horas Mesa de experiencias do tecido asociativo: Instituto de Estudos Miñoranos (IEM): Álvaro Peralta. Lugo Patrimonio: Lois Diéguez. Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte: Manuel Vilar Álvarez. O Sorriso de Daniel: Consuelo Castro Rey (vicepresidenta)
-
Sábado 5 de abril
- 10,00 horas Conferencia de Manuel Gago Mariño, xornalista cultural e profesor da Universidade de Santiago de Compostela: "Patrimonio, participación e comunicación".
- 11:30 horas Mesa de experiencias institucionais: Proxecto Alto Támega: Beatriz Comendador Rey, directora do proxecto e arqueóloga. Museo Aberto de Carnota: Iván Franco Caamaño,concelleiro de cultura. Vila Romana de Currás: Silvia González Soutelo, directora do proxecto e arqueóloga.
- 13,00 horas Luís Bará, concelleiro de patrimonio histórico en Pontevedra: "Patrimonio e participación no Concello de Pontevedra: os proxectos e os procesos".